Posta a punto dos areais carballeses e do equipo de socorrismo

  • Este venres anunciouse unha segunda convocatoria de cinco prazas para completar o equipo de vixilancia

Coincidindo co inicio do mes de xuño, na localidade de Carballo tamén empezou a temporada alta para o servizo de limpeza de praias, do que se encarga un equipo da empresa Acciona Servicios Urbanos desde o 2020. Un equipo formado por cinco persoas encárgase dos traballos manuais e mecánicos precisos para a recollida de residuos nos areais e arredores, así coma as instalacións das praias, a fonte de Arnados, as contornas da caseta das mariscadoras e o local que ten Protección Civil no porto de Razo.

En tempada alta, do 1 de xuño ao 15 de setembro, estes labores realízanse a diario. Tamén será diaria a limpeza das casetas dos postos de vixilancia mentres que no local de Protección Civil serán semanais. Ademais, haberá unha persoa encargada de que os aseos dos areais estean sempre limpos.

Equipo de salvamento e socorrismo

Por outra banda, este venres tomaron posesión os primeiros integrantes do equipo de salvamento e socorrismo que traballarán durante os próximos tres meses nas praias carballesas. O servizo empezará a funcionar esta fin de semana, aínda que «con menos profesionais dos previstos», sinalan desde o goberno local. Para intentar completar o equipo, publicouse no Boletín Oficial da Provincial (BOP) o anuncio da segunda convocatoria de cinco prazas. As persoas interesadas dispoñen de cinco días naturais, do 11 ao 15 de xuño, ámbolos dous incluídos, para presentar as solicitudes. Máis información aquí.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha