Posta en valor das vantaxes sanitarias e sociais que aporta o consumo de produtos do mar

1 minutes read

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu este xoves as vantaxes sanitarias e sociais que aporta incluír produtos do mar na dieta. “A poboación galega forma parte da elite mundial da lonxevidade e iso debémosllo á nosa magnífica xenética, pero tamén á nosa excelente alimentación, cuxo eixo son os produtos do mar”, sinalou durante o congreso Pescado, fonte de alimentación saudable, organizado por Interfish-España, co obxectivo de que expertos do sector pesqueiro, da comunicación, das administracións públicas e da saúde expoñan e debatan sobre os beneficios que aporta o consumo de produtos da pesca para o desenvolvemento físico e cognitivo das persoas, especialmente os máis mozos. Neste sentido, cabe destacar que Galicia ostenta o segundo posto como a poboación máis lonxeva de España e relacionou este feito con que o peixe sexa un dos alimentos fundamentais desde a infancia entre as galegas e os galegos. Por iso celebrou que se elixise a Comunidade para celebrar este congreso ao tratarse dunha “voz lexitimada” para reivindicar o papel do peixe na dieta como alimento esencial.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?