Posta en valor dos cabazos como elementos arquitectónicos vitais no rural galego


A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, foron os encargados de participar na apertura e clausura da xornada Hórreos, ¿Patrimonio da Humanidade?, celebrada este sábado en Ponteceso. Trenor destacou a importancia desta xornada de reflexión sobre o valor patrimonial, etnográfico, arquitectónico, cultural e social dos hórreos e puntualizou que “encontros coma estes son a mellor oportunidade para poñer en valor unhas das construcións máis características do noso mundo rural e unha das mostras máis salientables da arquitectura agraria da nosa terra”. Pola súa banda Inés Santé destacou a relevancia destes elementos patrimoniais para o rural galego, tanto dende o punto de vista estritamente agrario como pola súa riqueza cultural e etnográfica. Neste sentido, apuntou que por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural trabállase na mellora e recuperación destes espazos, así como no incremento do nivel de vida da poboación, a través de iniciativas coma os proxectos senlleiros.

Participantes na xornada.