As instalacións do ecomuseo do Forno do Forte de Buño foi o escenario escollido polo Goberno local de Malpica para dar a coñecer o cartel ilustrador da 39ª Mostra da Olaría de Buño. No acto estiveron presentes o alcalde, Eduardo Parga; o edil de Turismo e Festas, Alfredo Cañizo; a concelleira de Olaría, Marisol Blanco Gorín; e o responsable de Obras, Miguel Ángel Fernández Mirás, aínda que só Parga e Cañizo fixeron uso da palabra, coa polémica de fondo pola non asistencia dos oleiros da vila e tras un cartel de fondo no que se podía leer «O Concello apoia a olería de Buño». Reproducimos íntegramente o que deu de si a presentación do cartel. Cabe destacar que este medio intentou poñerse en contacto co presidente dos oleiros, Antonio Pereira, para que os tres pés que compoñen esta ‘banqueta’ -Concello, concelleiro da Mostra e representante dos oleiros- tiveran voz e imaxe, pero na tarde deste venres non recibimos resposta.