Pouca sorte e segunda derrota consecutiva do Calvo Xiria BM

1 minutes read

Espectacular partido vivido este sábado no pavillón Vila de Noia en Carballo, O Calvo Xiria Balonmán e o Gourmet Ampate Lanzarote arrimaron todos os ingredientes para poñer o recinto deportivo ata a bandeira. Os dous equipos estiveron moi igualados na primeira metade, chegando ao descanso cun empate a 13 tantos no marcador. Foi no ecuador do segundo tempo cando os visitantes empezaron timidamente a marcar a diferenza acadando unha ventaxe de 3 goles, levándose o partido por un resultado final de 21-24, e quedando un mal sabor de boca na cancha local tras a segunda derrota consecutiva, logo de perder a anterior semana en Vigo ante o Seis do Nadal.