Poxa de xovencas, no marco da Semana Gandeira de Mazaricos

1 minutes read

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou este domingo na apertura da poxa de xovencas, celebrada no marco da Semana Gandeira de Mazaricos. Alí destacou a importancia da mellora xenética do gando frisón co fin de obter unha boa calidade do leite, o que redunda directamente nunha maior solvencia económica e rendibilidade para as explotacións gandeiras. Destacou que a Consellería investirá tres millóns de euros ata o ano 2023 na mellora da calidade xenética desta raza bovina a través do control do rendemento leiteiro, dentro do Programa galego de selección e mellora da raza Frisona que leva a cabo a Consellería xunto co Centro Galego de Control Leiteiro.