PP Muxía | “Estamos fartos da manipulación deste goberno municipal»

2 minutes read

O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, lémbralle ao goberno local que se atopa en minoría no pleno municipal e ante as acusacións do PSOE de que o PP votou “non” ás obras do POS, lémbralle tamén, que se o PP non se abstivese, o seu goberno non sacaría adiante o plan provincial.

“Estamos fartos da manipulación deste goberno municipal. Se non apoiamos o POS foi porque non estábamos de acordo ca maioría das intervencións, existían outras prioridade que, ademais deixamos claras no pleno municipal. Con 3 votos de 11 non se poden sacar adiante as propostas”, afirman os populares

Que recordan que expuxeron argumentos contundentes como para haber votado en contra, como “Problemas no abastecemento de auga a Suxo, Castelo, Agranzón ou o propio pobo de Muxía, moitos problemas de saneamento en distintas zonas do concello por non falar do estado dos camiños interiores de moitas das nosas aldeas ou os camiños de monte importantes para o sector agrícola e, por elo, entendemos que o proxecto do POS era mediocre. Aínda así, non queremos que se perdan os recursos”, explicou a portavoz.

O Remanente de Tesourería

Dende o PP expoñen que unha cousa é non perder recursos de outras administracións e outra permitir que siga malgastando os cartos dos veciños, en referencia ó remanente de tesourería do concello de Muxía.

“Non imos a ser cómplices de que os aforros dos muxiáns se malgasten. O concello está totalmente abandonado e as necesidades sen atender”.

“Este goberno leva gastados entre remanente, presupostos e cartos de outras administracións cerca de 6 millóns de euros nestes 2 anos e non fixo absolutamente nada polo que ou negocia e leva proxectos serios e cambia a forma de gobernar ou a nosa postura será unha negativa clara”, conclúen dende o PP.