A actuación, consistiu na renovación do pavimento nun ámbito que alcanza os tres mil metros cadrados de superficie, incluíndo tanto o espazo de circulación dos vehículos como as zonas de aparcamento.
Ademais, contempláronse melloras na rede de recollida de augas pluviais e na sinalización horizontal e vertical. Precisamente as últimas actuacións, coas que se darán por concluídos os traballos, consisten no pintado das marcas viarias.
A rúa Manuel Murguía é unha das máis transitadas do casco urbano da Laracha por tratarse dunha das máis relevantes áreas residenciais e comerciais, ademais de dar acceso a instalacións públicas como o IES Agra de Leborís, a biblioteca municipal da Laracha, a Casa da Cultura e o complexo deportivo da piscina municipal.