Practicamente rematadas as obras de aglomerado das vías Mirón-Oza, Bolón-A Gándara e A Ponte-O Moucho

1 minutes read

Con estas actuacións rematan os tres proxectos adxudicados á empresa Lancer Proyectos y Obras. En breve procederase ao pintado e a sinalización. O Concello de Carballo está a acometer estes tres importantes proxectos solicitados pola veciñanza a través dos consellos parroquiais.
Tamén están en marcha, aínda que nunha fase inicial, as obras de acondicionamento da estrada que vai dende o Igrexario de Lema ata A Vixía, adxudicadas á empresa Construcciones López Cao. Neste caso, ademais de mellorar a vía cunha capa de aglomerado, o proxecto que se elaborou na Oficina Técnica Municipal inclúe a instalación de redes de saneamento e agua, neste último caso para deixar listos os ramais precisos para a futura traída municipal, evitando así ter que romper e repoñer o pavimento cando se acometan as obras de abastecemento. Nos últimos días puxéronse en marcha os traballos de limpeza e desmonte, en breve está previsto comezar co saneamento.