Praias desertas e arcas baleiras, o triste horizonte do turismo en España

Tradicionalmente, o turismo, era un dos alicerces máis sólidos da economía nacional española. Os confinamentos e corentenas ligados á pandemia da COVID-19 fan imposible prever cando se retomará a actividade, aínda que o Goberno ten claro en que condicións se fará.

«O noso país non retomará a actividade turística ata que non sexa extraordinariamente segura tanto para as persoas que veñen de España como para as persoas que veñen visitarnos de fóra de España», dicía o xoves a portavoz do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero.

En 2019, España recibiu 83,7 millóns de visitantes estranxeiros, e estes gastaron máis de 92.000 millóns de euros durante a súa estancia. O peso do sector, incluíndo o turismo nacional, no PIB español alcanzou o 12,3% en 2018. A súa desfeita sentirase como un terremoto en toda a economía.

Os hostaleiros, moitos dos cales deron a tempada de verán por perdida, traballan en protocolos de seguridade que devolvan a confianza aos clientes. O Goberno e as comunidades autónomas están a elaborar, pola súa banda, un protocolo sanitario para a reapertura do sector cando se alivie o confinamento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha