Prata dos atletas da AD Fogar na proba de ruta dos XIV Xogos do Eixo

Oito nadadores-as e catro atletas da AD Fogar representaban ao Concello de Carballo na localidade portuguesa de Maia, nos XIV Xogos do Eixo Atlántico. Na xornada matinal Carla Mourelle, Clara Rey, Sara Barbeira e Valeria Rodríguez na categoría feminina e Anxo Fuentefría, Manuel Souto, Oscar Alberte e Pablo Gil na masculina, tomaban parte nas probas de natación; e a pesar da xuventude destes deportistas clasificáronse 15º na masculina e 17º na feminina dos 22 concellos participantes. Desta volta os mellores no individual foron, Clara Rey 7ª nos 200 estilos, Manuel Souto 8º nos 100 libres e Pablo Gil 9º nos 200 estilos. E na xornada vespertina, Anxo Bello, Berket López, Hugo Souto e José M. Negreira corrían a proba de ruta na que remataban nunha meritoria 2ª praza por equipos acadando a medalla de prata para Carballo, no individual Anxo foi 6º, Hugo 8º, José Manuel 19º e Berket 29º.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha