Prata para o CP Conxuro A Laracha no campionato galego de patinaxe artística

Cedida.

Prata para o CP Conxuro A Laracha no campionato galego de patinaxe artística Grupos Show Segunda Categoria celebarado o pasado sábado 11 de xuño  no Carballiño e organizado polo CP Ahede.

O CP Conxuro A Laracha co seu grupo da modalidade Grupos Grandes representou o programa titulado RAICES, grupo conformado por 17 patinadoras do club:

  • Ainhoa Cotelo
  • Antía Cotelo
  • Lola Freire
  • Uxía Freire
  • Paula Rey
  • Lola Collazo
  • Xulia Arán
  • Patricia Rios
  • Daniela Regueira
  • Lucía Lopez
  • Uxía Lema
  • Iria Boza
  • Lidia Varela
  • Fatima Lopez
  • Marta Andrade
  • Andrea Aldao
  • Inés Remuiñan

O grupo dirixido pola súa adestradora Ana Martínez e a coreógrafa Marta Claro, abrían a competición da categoría de grupos grandes e  acadaba finalmente o segundo posto no podium xunto co CPA Gondomar (gondomar -Vigo)  e CP Ourela (Ourense) que conseguían o ouro e o bronce respectivamente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha