Preacordo para investir a Aragonés como presidente da Generalitat


As comisións negociadoras de ERC e a CUP alcanzaron este domingo un preacordo para investir a Pere Aragonès como presidente da Generalitat de Cataluña e dar “o pistoletazo de saída á lexislatura” tras as eleccións do 14 F, segundo informou Esquerra nun comunicado. Entre as condicións pactadas atópanse a celebración dun novo referendo de independencia, impulsar un protocolo contra os desafiuzamentos e que os Mossos d’Esquadra deixen de usar proxectís de precisión. De forma paralela, os republicanos manteñen tamén negociacións con JxCat para formar Govern tras as eleccións do pasado 14 F. De feito, a presidenta do Parlament, Laura Borràs (JxCat), expuxo o sábado desprazar a data do pleno de investidura, que debería convocar como moi tarde o vindeiro venres, 26 de marzo, dez días hábiles despois da sesión constitutiva da cámara.