45
Unha muller de Cambados está acusada de prenderlle lume á vivenda dos seus pais. O matrimonio de anciáns que vivían nela saíron pedindo auxilio aos veciños. Protección Civil e os bombeiros do Salnés acudiron en minutos. Pero o lume parecía imparable.
O concello buscoulles unha residencia para os próximos días, porque a casa quedou totalmente arrasada polas lapas. Os bombeiros estiveron apontoándoa porque mesmo temen que se derrube. Así que o goberno local busca xa unha vivenda de alugueiro para esta familia. A filla dos anciáns confesouse autora do incendio, foi detida e pasará a disposición xudicial.