Preocupa a escaseza dun medicamento para a diabete tipo 2


En Galicia preocupa a escaseza dun medicamento para a diabete 2, o Ozempic. Este fármaco está tendo moita demanda porque hai médicos que o prescriben como tratamento da obesidade, aínda que o Sergas non o financia con ese fin. Para garantir a subministración están facendo un control semanal das existencias nas farmacias, e nos últimos días só falta unha das tres presentacións.