Recesión, paro, incremento do gasto público, menos recadación pola vía dos impostos e posible deflación configuran un cóctel explosivo. En medio de todo iso, a liquidez procedente das institucións europeas perfílase como o paraugas salvador para evitar que a crise bote raíces máis profundas.
A economía española, e xenericamente a da Unión Europea, vivían xa nun contexto de desaceleración, marcado por varios factores como o Brexit e os efectos derivados da guerra aranceleria entre as superpotencias mundiais. A aparición do coronavirus aumentou exponencialmente os problemas e esta semana certificouse con varios indicadores.
Esta crise tamén implica unha viaxe no tempo cara ao pasado, xa que o sector primario, de peso en Galicia, volve cobrar forza e configúrase como un dos triunfadores do momento en contraste co sector turístico e hostaleiro, o máis castigado. En medio das especulación sobre o impacto no PIB de España para este ano, todo indica que a recuperación plena queda adiada ata o 2022.