A terceira onda da pandemia está lonxe de terminar. O número de contaxios por semana case se duplicou durante os últimos dous meses, segundo os datos cos que conta a Organización Mundial da Saúde. O seu director, Tedros Adhanom Ghebreyesus, advirte de que o mundo se achega a «a taxa de infección máis alta» desde o inicio da crise. Algúns países que ata o de agora estaban á marxe, viven o primeiro gran repunte de casos. «Países que evitaran a transmisión xeneralizada están a ver agora un forte aumento das infeccións. Un destes países é Papúa Nova Guinea. Ata principios deste ano, Papúa Nova Guinea rexistrara menos de 900 casos e só nove mortes. Na actualidade rexistráronse máis de 9.300 casos e 82 mortes. Aínda que estas cifras seguen sendo inferiores ás doutros países, o aumento é brusco e a OMS está moi preocupada polo risco dun brote moito maior», subliñou o director Xeral Tedros Adhanom.
38