Preocupación dos socialistas de Muxía polos recortes na educación pública nos colexios da vila

2 minutes read

O grupo municipal socialista de Muxía ven de presentar duas mocións no rexistro municipal para “dar voz no pleno municipal aos familiares de alumnos e alumnas dos centros muxiáns, que están sendo víctimas dos recortes tanto do goberno municipal como do autonómico nun alarde de mermar a educación pública e de calidade e sacar do diario inmovilismo no que está anclado o alcalde Javier Sar ante a gravidade dos feitos que están a suceder nos nosos centros de ensino” comenta o portavoz socialista Iago Toba.

O primero fai referencia a uns feitos xa denunciados por este grupo ao principio do curso escolar, no que se especificaba que todos os centros muxiáns están sen servizo estable e diario de limpeza e está a producir xa os primeiros problemas de hixiene. Un feito que ven a ser consecuencia da decisión do goberno local de rescindir o contrato de limpeza a empresa que viña prestando o servizo. Do mesmo xeito ocorre co servizo de conserxería donde dous colexios iniciaron o curso sen conserxe e agora están enviando cada día a un operario municipal diferente para intentar ocultar o verdadeiro problema de ausencia de servizo,

A gravidade aumenta, pois segundo os socialistas, os conserxes e os operarios municipais destinados aleatoriamente a esta labor, están tendo presións por parte do goberno municipal para que fagan a función de conserxe e limpiadores simultáneamente, feito que carece de legalidade. Estos feitos foron negados por membros do goberno local pero agora os pais e nais están a corroborar con feitos demostrables.

A segunda moción presentada denuncia «a drástica decisión de recortes en profesorado por parte do goberno autonómico de Rueda, que deixa a dous dos centros muxiáns con unha merma de atención a alumnos e alumnas con necesidades especificas de Apoio Educativo (NEAE) do 23,5% no CEIP Os Muiños e do 30% no CEIP Virxe da Barca».
Feito que as ANPAS están a denunciar con informes completamente baseados na realidade comparativa con periodos escolares pasados e que os socialistas acompañarán na súa moción como dato.

O que se pretende dende o grupo municipal socialista é revertir esta situación e «facer que o goberno autonómico de Rueda e local de Javier Sar, donde para máis gravidade, a concelleira de educación, Aurelia Picallo, é directora dun do centros afectados por todos estos recortes, corrixan a situación de maneira inmediata», conclúen os socialistas muxiáns.