- Sempre Corcubión reclama máis axudas e incentivos ao comercio de proximidade
A Costa da Morte está en pleno auxe do turismo, pero non do comercio local. Unha das últimas prazas de abastos en baixar a persiana é a de Corcubión tras perder os seus postos de froita e peixe.
A formación municipal Sempre Corcubión sinala que esta acción é «síntoma da decadencia dunha vila como a nosa, derivada dunha inexistente xestión en prol de revitalizar o comercio local». Por este motivo solicitan ao goberno local máis apoio e incentivos para o mercado de proximidade.
Tamén reclaman a falta de atención á cidadanía por parte do Concello poñendo como exemplo a negación de información a unha empresaria que rexentaba a froitaría do Mercado Municipal. Tras recibir unha factura da luz correspondente a todo o inmoble e non só ao seu posto, a muller pediu explicacións ao goberno local por rexistro pero aínda non recibiu resposta.