Preocupación en Francia polo afundimento do “Grande América”


O pasado martes afundiuse un barco de carga italiano a máis de 300 quilómetros ao oeste da costa francesa. O navío ‘Grande América’ un barco construído no ano 1997 que partía de Hamburgo en Alemaña e nel viaxaban 26 tripulantes e un pasaxeiro que lograron ser rescatados, mentres a embarcación sufría un violento incendio. Ademais trasladábanse 365 contedores, dos cales 45 contiñan materiais perigosos. Agora unha gran fumareda expándese e preocupa o risco de contaminación na costa francesa. Algunhas fontes sinalan que mesmo cabe a posibilidade de que os hidrocarburos poidan chegar ás costas españolas.