A administración da vacina contra o coronavirus está a deixar que desexar nalgúns países. Por exemplo en Francia, onde os profesionais da saúde protestan pola lentitude coa que se están levando a cabo as inxeccións, quedando moi por detrás de países como o Reino Unido ou Alemaña. O Goberno francés xa prometeu aumentar canto antes o ritmo. En Reino Unido, a vacina de Oxford/AstraZeneca está xa lista para a súa inminente administración. Comezará a inxectarse nun reducido número de hospitais para que as autoridades poidan estar atentas a calquera posible reacción adversa. Desde o Instituto Tony Blair instan a que a estratexia de inmunación sexa aínda máis intensa:»Deberiamos facer chegar as vacinas á xente tan pronto como estean dispoñibles», suxire o exprimer ministro, «e iso require un tipo de estratexia diferente. Hai que utilizar todos os servizos que se teñan, e todos os instrumentos do servizo de saúde, por suposto». En Hungría, o primeiro ministro Viktor Orban confirmou que a pesar da cooperación científica que existe entre este país e Rusia, Hungría obterá as vacinas cotra a COVID-19 a través do mecanismo de adquisición da UE ou directamente de China, xa que Rusia non está agora mesmo en disposición de fabricar suficiente vacina como para inocular aos 10 millóns de habitantes de Hungría.
Preocupación pola lentitude na distribución das vacinas
Imaxe das vacinas que chegaron a España_Twitter A Moncloa