O primeiro ministro británico, Boris Johnson, e o líder da oposición laborista, Keir Starmer, renderon homenaxe este sábado ao deputado conservador David Amess. Ambos os políticos levaron flores a Igrexa na que o Ames foi apuñalado mortalmente o venres mentres atendía aos seus electores, un crime investigado como acto terrorista que fai temer pola seguridade dos parlamentarios:
– «Hai unha revisión en marcha nas últimas 24 horas», explicaba a ministra do Interior, Priti Patel. «Nestes momentos está a levarse a cabo unha comunicación directa cos máis de 600 deputados sobre o seu paradoiro e o que están a facer na súa circunscrición para asegurarnos de que están protexidos, para que poidan seguir servindo ás súas circunscricións de forma aberta, pero segura. É importante que isto continúe», concluíu.
David Amess tiña 69 anos e era deputado desde 1983. Todos os venres atendía aos seus electores nunha Igrexa de Leigh-on-Sea. O seu labor era moi apreciado polos veciños da localidade, que están consternados.
Un cidadán británico de 25 anos e orixe somalí foi detido como suposto autor do crime. Non opuxo resistencia. As pescudas policiais apuntan a unha posible motivación relacionada co extremismo islamita.