Preocupación por varios roubos na Picota, Mazaricos

0 minutes read

Os hostaleiros de Mazaricos están preocupados polos roubos rexistrados en dous bares da Picota. O ladrón entrou primeiro nun local rompendo o cristal da porta de entrada. Levou a caixa rexistradora e as moedas da máquina comecartos. Pouco despois empregaba o mesmo método para entrar na cafetería dun hotel situado a 200 metros do anterior. Neste caso o ladrón marchou coas mans baleiras ao non haber no seu interior máquina comecartos.