Preocupan as repercusións na pesca das negociacións do «brexit»

Cedida.

O presidente da Xunta remitiulle unha carta ao ministro de Pesca e a ministra de Exteriores na que lles traslada a preocupación do Goberno galego ante a deriva que están a tomar as negociacións entre a Comisión Europea e o Reino Unido sobre o tratado en materia pesqueira. Pide que a pesca non sexa usada como moeda de cambio para chegar a un acordo e defende un convenio que supoña o mantemento do statu quo, con acceso libre da frota europea a augas británicas a cambio da entrada dos produtos pesqueiros de Reino Unido no mercado comunitario sen ningún tipo de arancel.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha