Preocupante aumento de contaxios na área de Compostela

1 minutes read

Segue empeorando a área sanitaria de Santiago de Compostela, o motivo non só é a cidade de Santiago, que segue aumentado a súa incidencia, senón toda a costa. Nas últimas 24 horas producíronse 114 novos contaxios de coronavirus e 63 altas, o que fai que suban en 51 os casos activos de coronavirus. O rexedor lamentou que o dato de contaxios siga sendo negativo e amosouse preocupado. Por iso, Xosé Sánchez Bugallo apelou á responsabilidade individual e colectiva dos composteláns porque, do contrario, as consecuencias poderían ser dramáticas para a saúde das persoas. Ademais asegurou que impoñer medidas máis restritivas despois das festas, tamén sería dramático para o comercio e a hostalería da cidade. Ao alcalde preocúpalle tamén o difícil que está resultando saber a causa do aumento dos contaxios.