36
Na fin de semana festiva por excelencia en vilas como A Laracha, Laxe ou Cee, atópanse entre os seis concellos da costa da Morte que están en nivel alto: Laxe, Malpica, A Laracha, Carballo, Cee e Fisterra. As «non festas» deixáronse sentir con nostalxia na Xunqueira de Cee, pero tamén en Laxe, onde este ano se suspende a procesión marítima e tampouco se realiza o tradicional simulacro do naufraxio. Cabe destacar que en Laxe realizouse esta pasada semana un cribado na poboación de 16 a 25 anos, onde tan só participaron 90 dos 170 mozos que foran chamados. Carballo e Cee amosan melloría pero seguen estando en nivel alto de restricións. Empeora tamén a situación en Malpica.