Deste xeito o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, fai un chamamento á participación na 19 edición da Festa da Familia, a celebrar o 21 de xullo na Carballeira de Berdeogas.
Estimadas veciñas e veciños:
Convídovos a todos e a todas a que vaiades preparando os manteis para o vindeiro 21 de xullo, onde volveremos a xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA.
Espero que, un ano máis, a nosa fermosa Carballeira de Berdeogas luza chea de cores e mesas repletas de alegría e diversión. Esta segue sendo unha gran romaría familiar, xa coñecida pola súa hospitalidade, onde todo o mundo é benvido e onde nos encanta compartir o espírito festivo e alegre que temos en Dumbría.
Queremos que tódolos amigos de Dumbría veñan gozar da nosa festa máis querida, e aqueles que nos visiten por primeira vez agardámolos co corazón nas mans.
Dumbría, unha gran familia.
Un saúdo e boa festa.
José M. Pequeño Castro
Alcalde de Dumbría
