Presentación da mostra ‘Tecendo rede, tecendo recordos’, este xoves, en Carballo

Exposición 'Tecendo redes'_AFABER

  • Terá lugar no Pazo da Cultura a partir das 19:30 horas

A planta baixa do Pazo da Cultura de Carballo acollerá dende este xoves, e ata o próximo día 23, a exposición ‘Tecendo rede, tecendo recordos’, en colaboración coa Federación Alzheimer Galicia (FAGAL). O obxectivo desta mostra itinerante é visibilizar o traballo realizado polas entidades de alzhéimer galegas en materia de acompañamento e apoio ás personas con demencia e aos seus familiares, sobre todo durante esta pandemia causada pola Covid-19.

A presentación de ‘Tecendo rede, tecendo recordos’ será este xoves ás 19:30 horas. Asistirán á inauguración a secretaria de FAGAL, Mar Barca Gómez; a concelleira de Servizos Sociais do Concello, Maica Ures, e membros da directiva de AFABER.