Presentación dos actos conmemorativos da Mostra da Olaría de Buño

1 minutes read

O Salón de Actos do antigo centro comarcal de Buño acolle este xoves 30 de xullo ás 12 do mediodía unha rolda de prensa para presentar os actos conmemorativos da Mostra da Olaría de Buño, á que asistirán o alcalde, Walter Pardo; a concelleira de Cultura e Olaría, Leticia Varela; o concelleiro de Seguridade, Alfredo Cañizo; e os directivos da Asociación Oleira, Carmen Isabel Labrador, Fernando Cambón e Francisco Gorín. Buño conmemorará a súa olaría un ano máis, do 31 de xullo ao 9 de agosto, respectando en todo momento o contexto sanitario provocado pola COVID-19. Baixo o lema «Buño DeMOSTRA», terán lugar demostracións en vivo, exposicións de olaría no Forno do Forte, roteiros e algún concerto.