65
Son moi boas noticias, en tempos de pandemia, as que viran en torno ao «Agra do Formigoso», case 50 mil metros cadrados de área comercial situados na saída de Carballo cara a Coristanco e que moi pronto verán a luz. Abrirá un escaparate comercial e de lecer acompañado da posible creación de dúcias de postos de traballo. Este venres 25 de setembro ás 12,30 horas no Edificio Fórum de Carballo está previsto o acto de presentación oficial do proxecto con todo detalle. Estarán presentes representantes da empresa promotora, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e a concelleira de Planificación, Estratexia Urbana e Contratación, Milagros Lantes.