Presentación Orquestra La Fórmula

Grandes profesionais do mundo do espectáculo participaron na presentación da renovada orquestra La Fórmula. A cita foi este venres no IFEVI de Vigo. Andy e Lucas, Edurne, Carlos Baute, Dj Sonic, Euforia Performance e outros moitos artistas actuaron o venres pola noite no Recinto Feiral de Vigo dentro da xira A Revelación organizada pola Orquestra La Fórmula. O recinto feiral puxo autobuses a disposición do público e este non defraudou. Desexámoslle longa vida e moitos éxitos a esta formación liderada por un dos grandes artistas da verbena galega como é Antonio Moreira “ Peke”. Que non pare a música!!!.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha