Presentada a 18ª edición do Festival de Cans

1 minutes read

O equipo organizativo e os representantes das diferentes entidades e empresas colaboradoras do festival déronse cita no Torreiro das Estrelas de Cans para desvelar o programa que se desenvolverá nesta parroquia do Porriño do 1 ao 4 de setembro. Todos eles recibiron a felicitación do conselleiro Román Rodríguez por seguir impulsando esta “cita indispensable para a cultura galega” e mantendo intactos os seus valores diferenciais. Trátase dunha das citas adxudicatarias da convocatoria de axudas da Xunta, que en 2021 incrementou a súa dotación nun 5%, dándolle continuidade a unha tendencia ascendente segundo a que en 2020 xa experimentara un aumento do 11% respecto ao ano anterior. Esta medida, inserida no plan autonómico de reactivación do sector cultural, reforzouse ademais cunha serie de modificacións nas bases para tomar en consideración o esforzo dos festivais por manter a súa celebración, respectando estritamente ás esixencias sanitarias sen menoscabo da súa calidade.