Presentada a asociación Xuntos Saborea Galicia


O papel desta entidade de nova creación está pensado para promocionar a calidade da gastronomía galega e os seus produtos. Así, conta coa unión de cinco empresas que forman parte deste proxecto -Pazo de Rubianes, Os Peperetes, Airas Moniz, Discarlux Galicia e Pazo de La Cuesta- permitirá reforzar a imaxe da cociña de excelencia de Galicia a nivel internacional.
As cinco entidades que integran Xuntos Saborea Galicia buscan ampliar os mercados e xerar sinerxías co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio gastronómico galego e a súa cultura. Ao acto asistiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o ex-xogador de baloncesto Fernando Romay, o actor e cómico Serxio Pazos e o ex seleccionador nacional de fútbol Vicente del Bosque.