Presentada a campaña de promoción das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo


Este venres tivo lugar á presentación da campaña “Sinte cos cinco sentidos”, financiada pola Xunta para promocionar a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” como primeiro destino de ecoturismo certificado da nosa comunidade. A promoción estará presente na Feira internacional de turismo (Fitur), que comeza en Madrid o vindeiro mércores 19 de maio.

Esta campaña foi financiada con preto de 20.000 euros, un 80% procedeu da Axencia Turismo de Galicia -dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo- ao abeiro do Convenio de Xeodestino. O 20% restante aportouno a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a través do GDR Mariñas-Betanzos.

A finalidade e dar a coñecer o territorio que comprende este grupo de desenvolvemento rural coruñés e os seus recursos, así como a súa estratexia de desenvolvemento local.