Presentada a campaña «Suma en Ponteceso»

  • No acto estiveron presentes o presidente da Asociación de Empresarios local, Juan José Merino, o vicepresidente, Rubén Naya, e o tesoureiro, Borja Canto.

A Asociación de Empresarios de Ponteceso levará a cabo durante os próximos meses unha campaña de promoción na Internet na que participarán un total de 72 establecementos de diferentes sectores co obxectivo de seguir fomentando e de poñer en valor ás empresas e profesionais da vila pontecesá.

A entidade quere concienciar á xente da vila, e arredores, sobre a importancia de mirar, de valorar e de mercarlle aos seus veciños polo ben do futuro da súa terra. Esta nova idea tamén busca concienciar ás propias empresas sobre a necesidade de crear un tecido empresarial e social forte, sobre o que traballar para ese futuro.

Consistirá na publicación de contidos nos perfís sociais de Facebook e Instagram, creados recentemente para este fin, que se irán alimentando de fotos, vídeos e novas que poñan en valor as vantaxes do comercio local.

Cartel da campaña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha