O candidato popular á alcaldía de Carballo, Rubén Lorenzo, desvelou este sábado a lista completa da súa candidatura na terraza do restaurante Arnados, na Praia de Razo, acompañado da Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade, Ethel Vázquez.
Unha candidatura que Lorenzo presentou como única alternativa para gobernar Carballo, definindo ao seu equipo como un equipazo configurado por persoas con gañas, forza e ilusión. En palabras do propio candidato popular “non están todos os que son, pero sí son todos os que están”, dou as grazas aos 28 compoñentes da lista por ter dado un paso adiante, polo seu compromiso e a súa valentía.
Renovación, mocidade e diversidade
Estas son as tres palabras que utilizou Rubén Lorenzo para resumir o espírito que move a sua elección, aínda que, segundo dixo “sen perder o valor da experiencia, sen desbotar a madurez e sen esquecer os principios e valores comúns”. Na lista están representadas a meirande parte das parroquias e nela figuran tanto carballeses e carballesas do rural como do centro urbán.
Unha lista paritaria que, como se fixo público o pasado día 15, configuran nos primeiros postos, xunto con Lorenzo, Beatriz Neira, Isidro Varela, Isabel Cotelo, José Rey e Javier Calvelo.
No número 7 aparece Sheila Cotelo Lado e ata o titular 21 os nomes son:
Yolanda Varela, Adrián Fariña, Uxía García, Oscar Álvarez, Raquel Cotelo, Iván Blanco, Lucinda Serrano, Rodrígo Recarey, Cristina Rojo, Carlos Señarís, Sara Nión, Jesús Javier Rey, Esperanza Pan e José Juan Castro.
A lista de suplentes
A lista de suplentes encabézaa o ex alcalde de Carballo, Manuel Varela a quen acompañan: Matilde Anido, Antonio Rodríguez, Teresa Luaces, Marcos Castro, Erica Regueira e Antonio Pérez.
Coñecida a totalidade do equipo popular que concurrirá as eleccións municipais falta seguir coñecendo as liñas programáticas xerais do proxecto de Lorenzo, así como os compromisos concretos que inclúe para áreas tan cruciais como vivenda, servizos sociais ou dinamización económica.
Baixo o lema “Un novo Carballo é posible” os populares preséntanse como única alternativa ao goberno de Evencio Ferrero, dispostos a recuperar a alcaldía de Carballo.
