Presentada a candidatura do PP de Cee

1 minutes read

O candidato popular, Jesús Picallo, estivo arroupado por militantes e simpatizantes da zona, así como do presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, quen lle agradeceu a Picallo a súa “valentía” á hora de encabezar a lista da súa formación para as eleccións municipais do próximo día 28 e reclamou unha maioría suficiente para poder poñer punto e final a un goberno que cualificou de “bandazos e parches”.

Pola súa banda o candidato cargou contra un Goberno Local ao que acusou de “vender fume” durante catro anos e asegurou que “Cee merécese algo moito mellor, merece xente con novas propostas, con ganas, con ideas, ambición e ilusión e non gobernos personalistas nos que prevalece o comigo ou contra o min”-

En canto ao equipo de persoas que lle acompañan na candidatura, Picallo indicou que se trata de xente “capaz, traballadora, humilde e, sobre todo, boa xente con un único obxectivo que é conseguir a confianza da xente para poder construir un Cee mellor”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?