O Partido Popular de Coristanco presentou este mércores a candidatura coa que aspira a gobernar o Concello en maioría, Juan Carlos García, tras a cita coas urnas do próximo día 28. García Pose destacou algúns dos máis importantes fitos conseguidos nos últimos 4 anos polo seu Goberno en minoría.
«Entre outras medidas, o PP de Coristanco apostou por baixar os impostos municipais. Entre moitos outros, rebaixou o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, pasando de ser o máis caro ao máis económico da comarca», subliñou. Tamén puxo en valor o importantísimo esforzo en materia de licitacións e obras nesta lexislatura, «a diferencia da parálise permanente na que viviu o concello antes de 2019». Só en 2022, Coristanco foi o concello da comarca de Bergantiños onde máis obras públicas se fixeron, superando a municipios que teñen ata cinco veces máis habitantes, afimaba o alcalde. Juan Carlos estivo arroupado por militantes e simpatizantes do seu partido, entre eles a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, quen destacou a importancia de que Coristanco teña un goberno estable, cun proxecto claro de futuro, como o que propón Juan Carlos García Pose e o seu equipo.
26