Os e as integrantes do Partido Popular de Laxe foron presentados este luns nun evento encabezado polo candidato á reelección da alcaldía, José Luis Pérez Añón, e que contou co apoio da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, así como diferentes alcaldes e compañeiros de partido en Bergantiños.
Caras novas e tamén veteranas conforman un grupo que apostará por seguir as liñas mestras establecidas no partido hai catro anos para que Laxe se posicione como un dos concellos da comarca con máis futuro para vivir e investir.
“Saímos fortalecidos despois de catro anos cheos de obstáculos, pandemia mediante, pero nin ninguén nin nada nos vai frear”, sinala o candidato popular, José Luis Pérez. “Estamos preparados. Somos un grupo forte, unido e con máis ganas, se cabe, que no 2019 para seguir xestionando este Concello. Sabemos que debemos tocar en todas as portas para conseguir os medios e recursos necesarios de cara a lograr que Laxe siga medrando como debe e como se merece”, subliñou Añón.
CANDIDATURA PARTIDO POPULAR (PP) LAXE
- 1. Don JOSE LUIS PEREZ AÑON
- 2. Don FRANCISCO CHARLIN ORONS
- 3. Doña RAQUEL LEMA ALLO
- 4. Doña SANDRA MOUZO POSE
- 5. Don DANIEL MATA MARTINEZ
- 6. Don EULOGIO CONSTANTINO CASTIÑEIRA
- 7. Doña BEGOÑA GEGUNDEZ ALLO
- 8. Doña ARACELI MENDEZ PEREIRA
- 9. Don MANUEL RAMOS LEIS
- 10. Doña PAULA CASAS NEIRA
- 11. Don ERNESTO MANUEL LEMA TOJA
Suplentes
- 1. Don DIEGO SOTO PEREIRO
- 2. Doña MARIA BEGOÑA ROMAR SONEIRA
- 3. Doña ALBA TORRADO MOUZO
- 4. Don LUIS SUENA AMIGO
- 5. Don RAUL VILLAR VIDAL
- 6. Don JOSE LEMA POSE
- 7. Doña MARIA DEL SOL VARELA SUENA