Presentada a comarca do Eume ao programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destino

1 minutes read

O vicepresidente da Deputación e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, mantivo unha xuntanza con representantes dos cinco concellos da comarca do Eume para avaliar os principais eixes do proxecto que presentará á convocatoria de Plans de Sustentabilidade Turística en Destino. Na xuntanza participaron tanto concelleiros e concelleiras como técnicos e técnicas de Turismo e representantes do sector privado e do tecido asociativo dos concellos das Pontes, Cabanas, Monfero, Pontedeume e A Capela. Tras a xuntanza, a Deputación presentará o proxecto á convocatoria extraordinaria de Plans de Sustentabilidade que convoca o Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, e que se financiará con fondos de recuperación europeos -os denominados Next Generation-.