Este xoves reuniuse a Comisión de Festas do San Xoán de Carballo deste ano 2019 no Pazo da Cultura, onde ademais da súa presentación pública, traballaron na elección do cartel que representará ao San Xoán 2019, cuxo prazo de presentación de candidaturas terminou o 17 de abril. O premio ao cartel gañador será de 450 euros, patrocinado un ano máis por Opticalia Enríquez. As festas terán lugar do 21 ao 30 de Xuño. O recentemente remodelado Parque do Anllóns serviu de estudio improvisado para a sesión fotográfica da presentación dunha comisión continuista.