Presentada a edición 2023 de ‘Eu quero Razo – Baldaio’

2 minutes read

Esta iniciativa pretende crear hábitos de turismo consciente no litoral de Carballo. Para iso contarase de novo coas entidades que veñen desempeñando accións relacionadas coa sustentabilidade da costa. Tanto o Concello como as entidades colaboradoras neste proxecto buscan a valorización do contorno co obxectivo de que canto máis se coñeza máis se respecte.

Neste ano tamén queren formar parte da homenaxe a O Xestal, unha persoa comprometida coa protección da marisma de Baldaio, ademais de veciño da parroquia de Lema. Realizarase unha figura en madeira que se espera teña presenza polos anos no litoral carballés.

Incorporarase ademais unha Ruta andando a Razo desde Carballo, coa finalidade de que sirva para que a veciñanza coñeza este novo xeito de chegar ao mar.

A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. Os grupos serán moi reducidos debido á sensibilidade da contorna e ao uso sustentable que se quere promover na mesma.

A grande maioría das accións realizaranse todos os mércores e sábados, ademais de algún domingo puntual. As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolverán as actividades.

O acto de presentación contou coa partiipación do alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deportes e Participación Cidadá, Daniel Pérez; a concelleira de Normalización Lingüística, Bibliotecas e Arquivos, Ánxeles Pacoret, e representantes das entidades que colaboran neste programa ambiental un ano máis.

PROGRAMA 2023

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?