Presentada a Festa da Milagrosa de Carballo

A Festa da Milagrosa de Carballo estrea este ano 2019 unha nova comisión formada por 13 persoas que levan varios meses traballando para ofrecer un amplo programa lúdico nunha das festas con máis tradición da contorna.

Este venres tivo lugar a presentación do programa na escola de Arrabales, onde o presidente, Luís Barca Añón, acompañado por varios membros da comisión e o autor do cartel, o artista carballés Mon Lendoiro, diron a coñecer os pormenores de todas as celebracións, que comenzarán o xoves 22 de agosto con actos litúrxicos e terán continuidade ata o domingo 1 de setembro.

Presentación do cartel e programa da Festa da Milagrosa de Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha