A ministra de Sanidade, Carolina Darias, presentou a Liña 024, de Atención á Conduta Suicida, co lema «Chama á vida», que xa funciona desde este 10 de maio, as 24 horas do día, os 7 días da semana, os 365 días do ano. A Saúde Mental, engadiu Darias, é obxectivo prioritario das políticas públicas do Goberno de España e, por tanto, forma parte da Axenda Pública para visibilizar, acabar cos estigmas e tabús que existen ao redor desta realidade e para romper os silencios que pesaron como laxas durante anos sobre ela. A Liña 024 será gratuíta, accesible, inmediata, confidencial e estará atendida por persoas expertas, para dar apoio tanto ás persoas que poidan ter condutas suicidas como aos seus familiares e achegados. Ademais, o 024 estará conectado cos servizos de emerxencia das distintas comunidades e cidades autónomas para axudar a aqueles cuxo sufrimento lles leva ao límite das súas forzas, porque, explicou Darias, «unha persoa cunha conduta suicida non quere morrer, senón que quere deixar de sufrir».
38