A voceira e candidata socialista á Alcaldía do Concello da Laracha, Palomi Rodríguez, presentou á Asemblea Local a súa proposta de lista para as eleccións municipais, lista paritaria na que a acompañan nos primeiros postos os actuais concelleiros e concelleiras, “compañeiros que xa ten demostrado a súa gran valía e experiencia na xestión municipal, dando pasos enormes neste proxecto compartido de municipio e de enorme capital humano”.
“Temos xa aos mellores e con eles debemos continuar”, e avanzou, así mesmo, unha importante renovación no resto da lista, persoas moi preparadas, ilusionadas e comprometidas, que representan a pluralidade da Laracha”. “Sen dúbida, un equipo gañador”, concluíu.
A lista incidiu “está integrada por larachesas e laracheses de idades diversas, da contorna rural e urbana, procedentes do sector privado e do público e gran coñecedores da realidade das distintas parroquias.”
“Queremos traballar intensamente no seu crecemento, para que sexa unha Laracha diversa, máis xusta socialmente, máis inclusiva, accesible, ecolóxica, con valores feministas e integradores.”
O deseño da candidatura foi un exercicio de equilibrio entre “a experiencia municipal e a renovación”. Nos cinco primeiros postos entran novos perfís como o número 2 Héctor Suárez Prego, autónomo, de Paiosaco e no posto quinto Inés Ramos López, de Gabenlle, graduada en Dereito pola Universidade de León e cunha gran vocación pública, motivo polo que comezará a preparar oposicións.
- MARIA PALOMI RODRÍGUEZ CASTIÑEIRA, 51 anos, de San Román, leva 17 anos traballando no Parlamento de Galicia. Diplomada en Magisterio. Voceira dende 2019
- HÉCTOR SUÁREZ PREGO, 41 anos, de Paiosaco, autónomo.
- ALBA DOLORES TOBA FERREIRO, 36 anos, de Torás, enfermeira de profesión. Foi delegada sindical durante oito anos. Concelleira dende 2019.
- JOSÉ MARTÍNEZ AGEITOS, 60 anos, vixiante de seguridade dende hai máis de trinta anos, de Torás. Delegado de UGT do Comité de Empresa Prosegur. Concelleiro dende 2019.
- INÉS RAMOS LÓPEZ, 23 anos, de Gabenlle, graduada en Dereito. O resto da candidatura será presentada proximamente nun acto a finais de abril.