Presentada a nova Área de Tecnificación: TEC Escolas Luis Calvo Donato-Coerver

Cedida.

As Escolas Luis Calvo Sanz e o Bergantiños dan un paso máis cara o obxectivo permanente de mellora deportiva dos nenos e nenas que forman parte do club. A través dun acordo de colaboración coa Escola Donato, presentado este luns, no mes de outubro arrincará unha nova escola de tecnificación que chega coa intención non só de permanecer, senón de estenderse tanto a outros clubs da contorna coma ao ámbito educativo. Este mércores 29 celebrarase unha xornada de portas abertas, e o 4 de outubro xa comezará o curso, con sesións diarias de luns a xoves. Donato Gama e Javier García, representantes da Escola Donato, estiveron en Carballo para dar a coñecer o seu proxecto, nun acto no que tamén participaron David Iglesias e Luciano Calvo, en representación das Escolas Luis Calvo Sanz; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.