Presentada a oficina agraria móbil, que facilitará xestións no rural

Trátase dun servizo pioneiro de proximidade para facilitar a xestión de trámites no rural. A oficina contará con persoal para prestar os servizos tanto administrativos como técnicos e de veterinaria, anunciará con antelación as rutas a realizar co fin de que a cidadanía coñeza onde e cando vai estar localizada en cada momento. Será un elemento máis da rede de oficinas agrarias comarcais espalladas por todo o territorio galego, polo que todas as instalacións físicas actuais permanecerán abertas. Así o fixo saber o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante o acto de presentación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha