Presentada a programación do centenario do pasamento de Pardo Bazán


A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou a programación polo centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, “tal vez o acontecemento cultural máis importante do ano” ao se tratar dunha figura relevante, “unha desas mulleres que converteron A Coruña na cidade ilustrada e aberta que é”. A rexedora sinalou que a súa obra e recordo se sentirán máis se cabe en 2021 a través dunha programación municipal ambiciosa e plural con máis de 40 eventos. Conformaranse todos baixo a silueta inconfundible de Pardo Bazán nun deseño actual, co que se quere poñer en valor o seu legado tinguido de modernidade.

Avance programación #EPB100 (181 KB)