Presentada a programación do Verán Cultural carballés


O concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, acompañado polo alcalde, Evencio Ferrero, deu a coñecer o programa completo do verán Cultural carballés.

A Praza dos Libros, do 7 ao 10 de xullo, marcará o inicio da programación, que traerá a Carballo a Bellón Maceiras con Mamá Cabra, Xosé Lois Romero & Aliboria, Nova Galega de Danza, Xurxo Fernandes, Uxía e Javier Ruibal, Boyanka Kostova, Desastronauts… Volven tamén o cine ao aire libre, as festas parroquiais, o tradicional festival de danza e música tradicional… E dentre as novidades que nos trouxo a pandemia tamén regresa a Praia dos Libros, como destacou Marcos Trigo.

O alcalde, Evencio Ferrero, destacou que despois da excelente acollida que tivo o San Xoán, ao longo do verán seguirá soando a música, e convidou a toda a veciñanza a volver a desfrutar da cultura e das rúas.

PROGRAMA VERÁN CULTURAL 2022