Presentada a reforma do Santiago Bernabeu


Florentino Pérez e Manuela Carmena asinaron o gran proxecto deportivo no centro neurálxico da capital de España. Superados os recursos, a remodelación do estadio Santiago Bernabéu ten todas as licenzas para atacar a reforma. As obras comezarán nada máis acabar a liga, o 20 de maio. O custo do proxecto ascenderá a unha cantidade que oscilará entre os 525 e os 575 millóns de euros, que o Real Madrid financiará cun crédito a longo prazo, 35 anos, que significará un pago anual asumible, de 25 millóns, a un interese próximo ao tres por cento.

Un investimento que o club reverterá en ingresos moi importantes para a empresa, pois a xestión de mercadotecnia augura que se obterán 155 millóns de euros de negocio cada ano grazas á “cidade do lecer” que se integrará no estadio.

Restaurantes, tendas e un museo do Real Madrid moito máis amplo, para dar cobertura a un Circuíto turístico que aínda será mellor que o actual, situado entre as principais visitas de Madrid xunto á pinacoteca do Prado.

Para dar sitio a todas estas novidades aumentarase a altura do coliseo en doce metros e colocarase unha cuberta retráctil que permitirá pechalo cando chova. A monumental cornixa eliminará o impacto acústico dos 88.000 espectadores que albergarán as bancadas.